31 dic 2014

2014 o ano no que empecei a facer exercicio


Os problemas ó lonxe... mellor.
Vaise xa 2014... si tivese na mente o marco de referencia anterior diría que foi un desastre pero visto dende a actual perspectiva non teño mais queixa que as dores articulares que me acompañan cando me entusiasmo e quero "apretar".

Non o pensara, xurdiu así e coido que é a evolución natural de algo que se iniciou a finais de 2012... e froito das perdas que foron mermando os motivos para pasar cada fin de semana que podía por Galicia adiante correndo e visitando... simplemente sin motivo para a viaxe o participar en probas deixou de ser necesario.

E tal foi así que ata Agosto non me percatei de que nin tiña ansia de mira-lo calendario para "programar" probas... logo estivo o tema da obriga de inscripción previa... como me vou a inscribir si non sei si vou a ir? e a ecuación resolveuse: Xa non preciso participar porque non fago deporte; fago exercicio.

Supoño que voltarei a participar; teño un compromiso cun amigo e seguro que xorde algún mais... pero será xa irreversiblemente outra cousa... e nin mellor nin peor; simplemente outro xeito de disfrutar.

ahh o resumo da actividade de 2014 xa completo:

Corretear: 1203,3 Km
Pedalear: 814,38 Km
Chapotear: 218,97 Km

1 dic 2014

Novembro amargo

Remata-lo mes do cumpreanos deixando de participar na Dragonte non é triste de por sí e menos si o fas para poder correr perto do mar... o problema é ter tantas molestias i é que de cada 4 días que corro só disfruto un e ben se pode apreciar nas medias. Os xeonllos e nocellos non dan para mais e tamén o calzado influe nesa sensación.

Carreira 135,8 km en 13 sesions
Natación 15,15 km en 8 sesions

En fin, agora en decembro aproveitar a nadar ata o 20 que logo non se sabe qué pode pasar coa piscina...

1 nov 2014

Resumo dun Veroño en outubro

Veu este mes con tan boa temperatura que do que mais me arrepinto e de non ter collido a bici... pero xa non hai volta atrás.

Carreira 117,83 km en 10 sesions
Natación 23,15 km en 12 sesions

Nadando vou ben, aguanto os 2 km sen despeitearme... correndo teño días que vou como un foguete pero outros nos que as atriculacions... en fin, se fai o que se pode.

30 sept 2014

Septembro mes do mundial

Remata Septembro o mes do mundial de ciclismo; coido que o evento mais notable desta cidade nesta nos 10 anos derradeiros... pero vivido a media distancia por mor das circunstancias laborais, familiares e meteorolóxicas.

Bicicleta: 264,22 Km en 4 sesions
Carreira: 109,45 Km en 9 sesions
Natación: 13,47 Km en 8 sesions

21 sesions en 30 días... pois iso... algún problema físico (sobor de todo tras correr) pero o mais é que non cadraron ben as cousas.

31 ago 2014

O mes dos 10 triatlons

Non, non participei en 10 triatlons... e non houbera podido... pero, certo que sin propormo ó principio do mes, realicei os km correspondentes.

Natación (1,5 x 10 = 15km) fixen 15,95 km en 9 sesions... unha gozada ter a piscina de 50 mts só para min... ou case.
Bicicleta (40 x 10 = 400km) fixen 413,74 km en 9 sesions... de menos a mais... porque a meteo tamén acompañou... ata hoxe.
Carreira (10 x 10 = 100km) fixen 101,45 km en 10 sesions... sego cos meus achaques e non vexo opción a correr mais ou mais rápido.

Diploma rescatado do naufraxio... a miña primeria media maratón
Volta á ría de 1990... 

31 jul 2014

O afundimento...

Rematou xullo, mal mes; o peor en todos estes anos...

O día 2 fun correndo a currar e ademais do problema do xeonllo escomencei a ter unha dor tremenda no pé esquerdo na inserción dos extensores dos dedos... rematei como puiden pero xa decidín non correr ata a volta das vacacions.

Nadando... pois fixen 15,8 km sen problemas en ... mágoa de interrupción vacacional porque andaba xa nos 2,5 km a bó ritmo...

O derradeiro día saín na bici... por completar 35 km a 27 km/h nin ben nin mal...

Agora a tratar de escomenzar de novo e si non hai sorte, poñer outras solucions.

1 jul 2014

O final do principio...

Vai medio ano, só medio ano pero xa rematan moitas cousas... o xeonllo esquerdo non me deixa correr mais e eso me ten bastante amargado e si á volta das vacacions segue molestandome e hinchando tras cada sesión terei que pensar en facer algo mais que reposar... non fun quen de coller a bici, demasiados asuntos de toda índole... tampouco collín azos para participar nunha postrera proba para o circuito correr en galicia e iso me pon algo nostálxico...

Natación: 21,7 km en 11 sesions
Carreira: 153,21 km  en 12 sesions

5 jun 2014

Maio maio...

Ahí seguimos facendo o que nos deixan as articulacions cun soriso e unha canción...

Desta volta coa ledicia de voltar a nadar no mar e nada menos que estreando o mediterráneo...

Correteo: 143,68 km en 12 sesions

Chapoteo: 25,1 km en 14 sesions

2 may 2014

Resumo dun Abril de problemas mil

Este mes non foi nada como eu esperaba e mira que me esforcei pero as condicions do meu xeonllo esquerdo e os compromisos das historias nas que me meto non fixeron mais que por novas barreiras no camiño.

Duas veces tiven hinchado o xeonllo por mor do menisco de marras... teño a impresión de que non remato o ano sen voltar a pasar polo coitelo.

Correteo: 13 sesións 121,2 km
Natación: 8 sesions 13,9 km
Bicicleta: 3 sesions 119,2 km

31 mar 2014

Un marzo marzán.. a melloría nin ven nin vai

Remata Marzo... sigo nunha incognita... xa semella que podo correr... aproveitei un claro no ceo para sair na bici pero xusto cando empezaba a facer callo voltou o inverno... nadando notei a gripe ou o que fora que me deu dempois do entroido e a alerxia que me veu logo coa calor (en total estiven 10 días sen adestrar no mes).
Para rematar xa se recolocaron os nomes no circuito de correr en galicia e está claro que si non descendo este ano para o que ven non me libra nin o tato.

Natación: 16,1 km en 10 sesions
Carreira: 76,38 km en 8 sesions
Bicicleta: 71,48 km en 2 sesions

28 feb 2014

Resumo dun problemático Febreiro

Febreiro seguiu a ser un mes con problemas... a lesión esa non acaba de da-la faciana de si vai o ven... e por riba o Sporty Pal deixou de enlazar co twitter e un día toleou co GPS...

Natación: 23, 6 km (novo record nun mes e iso que é o mais curto) en 13 sesions
Carreira: 62,7 km en 7 sesions

O peor é seguir sen obxectivo e nin ter gañas de plantearmo.

31 ene 2014

Mes un, un mal mes

Este Xaneiro ven de ser o peor no que lembro... e a cousa non pinta ben...

Carreira: 33,5 km en 4 sesión e a ritmos... bueno, os que se poden.
Natación: 19,2 km en 11 sesions e tampouco me foi moi aló...

O que mais me fastidiou foi non poder ir a Rábade... que ia sempre...

4 ene 2014

Por falar

Se antes o digo antes me pasa... só quería ter unha tempada como a pasada... pero non puido ser... a molestia que sentín no biceps femoral esquerdo incrementouse e cáseque ata me molesta na vida diaria... tocará esperar un pouco tampouco me ven mal sempre que non pase mais de 1 semana parado... logo teño tempo de prepara-la media de Coruña antes da "pausa entroideira"